... ...

31 decembro 2007

20 decembro 2007

Imaxes da montaxe e exposición PORTAS -Madrid-

Máis imaxes:
MÁIS FOTOGRAFÍAS (fotografías de Xacobe Meléndrez)
Noticia Ravar

03 decembro 2007

"PORTAS" nosa obra en Madrid

Na Casa Galicia en Madrid a vindeira exposición colectiva na que participo. Chamase "Portas" e inaugurarase o día 11 de decembro ás 20 horas.
En la Casa Galicia en Madrid estará la próxima exposición en la que participo. Se llama "Puertas" y se inaugura el día 11 de diciembre a las 20 horas.

27 novembro 2007

Nos vemos pronto en Madrid

Xa está anunciada na páxina web da Casa Galicia en Madrid a vindeira exposición colectiva na que participo: PORTAS. E unha colaboración entre RAVAR e XACOBE MELENDREZ (que acaba de acadar o primeiro Premio Certamen Artístico Mº de Medio Ambiente). Chamarase "Portas" e inaugurarase o día 11 de decembro ás 20 horas. WEB-NOTICIA CASA DE GALICIA (en castelán)

22 novembro 2007

Obra miña en Barcelona

Neste ano participo no supermercado artístico en Barcelona.

Do 24 novembro 2007, ata o 31 de xaneiro 2008 pódese ver obra miña na rúa Calvet nº 63 -Barcelona.
Inauguración: 23-novembro 19 horas


06 novembro 2007

Sargadelos Monforte (Lugo) exposición individual

Inaugurarase o día 9 de novembro e estará aberta na Galería Sargadelos de Monforte de Lemos (Lugo), ata o día 9 de decembro.
(Praza de España nº 2 -Monforte)

31 outubro 2007

30 outubro 2007

Para que serve a arte?

Poño as respostas que AcompanhiA - Grupo Performático rexistrou nunha enquisa a unha poboación de 79 persoas. Gustoume o conxunto como definición e agradézollo.
"- 16 viram a arte como instrumento para o autoconhecimento (busca da felicidade);
- 11 viram a arte como instrumento de comunicação e expressão;
- 8 colocaram a arte no território do sagrado (eterno, tudo);
- 7 recusaram-se a responder;
- 6 viram a arte como alternativa para todos os males;
- 5 viram a arte como instrumento para emocionar, encantar, retratar o belo;
- 2 viram a arte como instrumento de aperfeiçoamento do espectador;
- 2 responderam que a arte não serve para nada;
- 2 respostas não puderam ser interpretadas (idéias confusas sem relação com a pergunta);
- 1 viu a arte como instrumento de relação entre os povos;
- 1 viu a arte como instrumento para aguçar os sentidos;
- 1 viu a arte como memória;
- 1 viu a arte como ópio;
- 1 viu na arte a função de provocar;
- 1 viu a arte como território de ambigüidades;
- 1 viu a arte como instrumento de análise da realidade;
- 1 disse que a arte não é servil;
- 1 respondeu com desenhos.

Outras 6 respostas não puderam ser analisadas por terem sido roubadas durante o período de exposição. "

23 outubro 2007

Traballando en acuarela

ACUARELA 16X28 cts. -para serie gravado "Porta dos Ancares"
ver outras traballándose NESTES DÍAS

18 outubro 2007

Porta dos Ancares -novo cadro.serie-

Gravado (76x112 cts. e varias combinacións máis pequenas (56x38cts). (Tirada: 2 estampas de cada)
Catro pranchas -catro tintas. Carborum e xilografía.
VER SEGUEMENTO-HISTORIA DO CADRO

Cristais rachados no chan

Enviado a revista GRISÚ (Peñarroya-Pueblo Nuevo- Centro de Poesía Visual).

Variación a revista DESLIZ

26 setembro 2007

Dias Da Criação - BOTICAS (Portugal).

Imaxe: detalle de parte do gravado
Na casa de turismo rural Eira Longa (gracias Herminio), RAVAR presentou dentro dos "Dias Da Criação" en Boticas (Portugal), SEU PROXECTO "O BICHO", composto de oito gravados creados polos seus compoñentes.

25 setembro 2007

Autoretrato (gravado)













Técnica: Augatinta-Augaforte. // Tintas: 2 // Tamaño: (mancha 18x25) papel (Sup.Alfa) 28x38. // Tirada: 4 estampas. // Data: outubro 2007

Alexandra Bernardo en Boticas (Portugal)



Alexandra regalounos dúas obras que de seguro non esquecerei. O auditorio de Boticas quedou pintado pola súa fermosa voz e interpretación.

19 setembro 2007

Litografía no taller


Esta semán traballamos no estudio Uxía, Araceli e eu coa litografía e experimentando xuntos.
"Centauro" 1/2 tamaño 43x23 (mancha)

06 setembro 2007

Oporto


IMAXES exposición Oporto (5 setembro 07 -ata 20.outubro)

28 agosto 2007

Cartafol exposición Oporto: setembro 2007


pódese ampliar premendo enriba da imaxe

03 agosto 2007

INQUEDANZA -novo cadro-

naceu na vista dun rapaz ínquedo, que non paraba, e quedoume gravado seu movemento que interpretei logo nunha faciana na que fuxen os ollos.

17 xullo 2007

Xullo-documentación para nova obra







Son imaxes da primeira quincena de xullo, fase documental para novos cadros.

25 xuño 2007

3 novas publicacións con colaboracións miñas


- FPV Octubre Libre Primera Antológica de Poemas-Mail Art Edit.Corona del Sur

- Ed. Gramma Visual “Antología de Poesía Visual 2007

- FPV Octubre Libre “Primera Antología de Sobres Decorados” Ed.Corona del Sur

Imaxes taller Mail Art Fundación Granell


Rematado o taller, dar as grazas a todolos participantes, a Fundación Granell por organizalo e a Miguel Melero por apoialo.

12 xuño 2007

Taller de MAIL ART na FUNDACIÓN GRANELL

Os vindeiros 19, 20 e 21 de Xuño, de 17:30 h. a 20:30 a Fundación Eugenio Granell (Toural-Santiago de Compostela) aposta pola realización dun obradoiro de mail-art impartido por Manoel Bonabal e co apoio de Miguel Melero quen nos presentará súa convocatoria FAROS. (Estará exposta na sala onde traballaremos).

02 xuño 2007

SADA exposición individual Manoel Bonabal

Imáxes do montaxe da exposición Manoel Bonabal en Sada.
Do 1 ó 22 de xuño 2007



01 xuño 2007

Imaxes inauguración exposición Carpeta Gravado

Imaxes na Fundaciónn Luis Seoane da presentación realizada por Carlos Lafuente, e inauguración da exposición desta carpeta que é obra de los integrantes do grupo RAVAR (Katús, Sindo, Lola, Asun, Inma, Carmen, Juán e eu), e Diana Aitchitson,Tita Fraga, Ali Ali y J.Luis Garcí­a.

Estará aberta ata o día 15 de xuño.
VER IMAXES

31 maio 2007

EXPOSICIÓN PROXECTO "VENTANAS"

Centre Cívic Barceloneta
Conrería, 1-9, 08003 Barcelona
Exposición de "Ventanas" ata o 29 de xuño
Inauguración 7 de xuño 2007

Miña participación
artistas e narradores participantes

28 maio 2007

SADA exposición individual Manoel Bonabal

En SADA (A Coruña), do 1 de xuño ó 22, estará miña últimas obras: "De Teatro"

23 maio 2007

"AlMi"


"AlMi" Acrílico sobre tela. 2 telas de 66x90 (132x90 cts). maio2007

21 maio 2007

"ESENCIAS"


"Esencias" Acrílico sobre liño. 2 telas de 66x90 (132x90 cts). 21maio2007

17 maio 2007

Exposición colectiva ART NATURA en Lugo


Esta colectiva na que participo con unha obra pódese ver dende o día 21 de maio no Centro Social Uxío Novoneyra de Lugo (Rúa Quiroga Ballesteros, nº1).

A exposición estará aberta ata o 14 de xuño en horario de 16 a 21h.

Organiza; ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) colaboran; Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel e Dirección Xeral de Creación e Difución Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte.

08 maio 2007

Estas dúas semanas abrirei o estudio

Compartirei os vindeiros dous fines de semana coa participación nas visitas ós talleres de 35 artistas da terra.
Quedan abertas ás portas do meu taller dentro das actividades do "Roteiro de creación contemporánea" que entre outras actividades están exposicións de pintura, escultura, traballos de vídeo creación e máis actividades nos distintos centros culturais de Fontiñas, A Trisca, Conxo e Castiñeiriño.
Todo é posíbel gracias á organización e promoción da idea de María Chenut e Reina D"Hoore quenes tomaron a iniciativa e leváronma a diante estou convencido que non sen poucos atrancos, polo que de antemán vaia meu agradecemento.
Maís información

23 abril 2007

"POLA RÚA"

"Pola rúa" Acrílico sobre liño. 2 telas de 66x90 (132x90 cts). 24.abril07

20 abril 2007

"TERRAMINA"

"Terramina" Acrílico s/tela e arpilleira atada con tremillas. 2 telas de 66x90 (132x90 cts) abril 07

"BAILE DE LAPA"


VER SEGUEMENTO-HISTORIA DO CADRO
"baile de lapa" Acrílico sobre tela e grafito 90x66 cts. Marzo-abril 07

"ARNULF"


VER SEGUEMENTO-HISTORIA DO CADRO
Arnulf" Acrílico sobre tela 66X90 cts. Marzo-abril 07

CRUZ

VER SEGUEMENTO-HISTORIA DO CADRO cruz".Acrílico-Pó de granito-barniz-sobre tela con costuras. 157 x 120 ctms. 2003-2007

16 abril 2007

"ART NATURA" en CARBALLIÑO (Ourense)


Esta colectiva na que participo con unha obra pódese ver dende o día 18 de abril en na la Sala de Exposiciones do Auditorio Municipal de Carballiño.

Organiza; ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)Produce; Concello de Santiago, Concellaría de CulturaColaboran; Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel e Dirección Xeral de Creación e Difución Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte.

23 marzo 2007

Monforte de Lemos, exposición individual


En Monforte, no centro comarcal de Expolemos o 2 de abril quedará aberta miña exposición individual ata o 2 de maio. Poderedes ollar a serie dos últimos cadros "Voando"-"En firme".

15 marzo 2007

Catoira-Mitos e Lendas expos.colectiva na que participo


Unha obra miña está exposta en: El Corte Inglés de A Coruña (planta 3ª) do 2 al
ó 22 de marzo e El Corte Inglés de Vigo (Ámbito Cultural) do 29 de marzo ó 15 de abril.

TAMÉN NUNHA COLECTIVA EN CATOIRA (Pontevedra) - no centro cultural e dentro da exposición MITOS E LENDAS, hai outra obra miña exposta.

09 marzo 2007

Rematou Hotel Bonaval (un mar verde)

"Hotel Bonaval" 2 telas "de 90x66 cts (90x132) acrílico sobre tela/marzo 2007"