... ...

28 febreiro 2007

Rematou o Palco Rodante" 180*200 cts.

Decidín, tendo en conta que sempre é o máis complicado saber cando xa non avanzará máis…, que rematou. A outra historia (hoxe comezo un novo do que en días vindeiros darei conta).Son seres que voltan entre pensativos e coloquiais da sesión de baile na residencia de maiores (Porta do Camiño). Protagonistas nun escenario traseiro dun autobús que convertese en palco teatral ou operístico dunha representación na que eles/as son os actores e o palco tamén escenario. Ónde a xente vai de pé e agárrase dun asideiro superior inexistente, unha diva que estírase nun xesto de baile, danzante por un corredor invisíbel.
Vestimentas doutras épocas (actores e actrices ambientados nun pasado remoto do que proceden na súa vida de tesouro de lembranzas).Hai unha personaxe fora do palco, dubidei se acompañalo de máis xente nunha beirarrúa compostelá, que finalmente quedou só e fora da “danza”, pero moi presente e simbolízante dun exterior que incorpórase… Algunha faciana que asexa facerse presente e que o ambiente non o deixa.
Así o sinto
Decidí, teniendo en cuenta que siempre es lo más complicado saber cuando ya no avanzará más…:, terminó. A otra historia (hoy inicio un nuevo del que en próximos días daré cuenta). Son seres que vuelven entre pensativos y coloquiales de la sesión de baile en la residencia de ancianos (Porta del Camino). Protagonistas en un escenario trasero de un autobús que se convierte en palco teatral - operístico de una representación en la que ellos/as son los actores y el palco también escenario. Donde la gente va de pie y se agarra de una asa superior inexistente, una diva que se estira en un escorzo de baile, danzante por un pasillo invisible.Vestimentas de otras épocas (actores y actrices ambientados en un pasado remoto del que proceden en su vida de tesoro de recuerdos).Hay un personaje fuera del palco, dudé si acompañarlo de más gente en una acera compostelana, que finalmente quedó sólo y fuera de la “danza”. Pero muy presente y simbolízante de un exterior que se incorpora… Alguna cara que intenta hacerse presente y que el ambiente no lo deja.
Así lo siento