... ...

27 febreiro 2008

Art Natura (na que participo), está en FENE

A exposición Art Natura na que participan máis dun cento de artistas e escritores/as galegos/as coa temática da defensa do medio natural, inaugúrase este mércores 27 ás 20h na Casa da Cultura de Fene. A exposición poderá visitarse dende o 27 de febreiro até o 14 de marzo. Durante este período terán lugar 3 ENCONTROS: 12 de marzo ás 20 h, encontro con fotógrafos/as; 13 de marzo ás 20 h, encontro con pintores/as; e 14 de marzo ás 20 h, encontro con escritores/as. Á inauguración da exposición asistirán membros de ADEGA, da corporación municipal de Fene e artistas participantes. A mostra realízase coa colaboración do Concello de Fene e das consellerías de Cultura e Medio Ambiente.
(Información de ADEGA)