... ...

28 abril 2009

Exposición colectiva: "Universo lácteo"

Do 30 de abril ó 30 de maio en Melide.
Máis información:
Terras de Ulla
El Correo Gallego
La Voz de Galicia





obra coa que participo (acrílico s/tela 65x90 ctms.)

24 abril 2009

Libro abedul (bidueiro) -Barbara Noculak-

Carta que me envía Barbara Noculak (para convocatoria mail art "un libro=unha viaxe")

23 abril 2009

II Salão Internacional de Artes Plásticas de São João da Madeira

Participei con unha obra nesta colectiva en Portugal.
Reseñas da noticia:
Xornal "O Regional"
Xornal "O Regional"
Cámara Municipal
Museo da Chapelería
Xornal "Labor"

Clemente Padín en Santiago de Compostela

Un taller impartido por Clemente Padín. Dende logo eu non me perderei a oportunidade de asistir.
Tamén participa na exposición de Mail Art (xa recibín súa obra), polo que é un auténtico pracer.
Lugar: CGAC
Datas e horario: 7 e 8 de maio de 17:00 a 20:30 h. 9 de maio de 10:00 a
14:00 h.

"O taller abordará a historia e a evolución da poesía experimental desde os
seus inicios ata a actualidade así como a evolución dos soportes. Os
participantes realizarán poemas visuais que poderán exhibir ao remate do
mesmo cando terá lugar, tamén, unha lectura pública de poesía experimental
incluíndo traballos duns quince poetas experimentais e un xogo poético de
participación popular.

Clemente Padín é un artista experimental que procede do contexto do conceptualismo
suramericano, e cuxa obra está estreitamente vinculada coa poesía visual, a performance
e o activismo político. Na década dos sesenta, dirixiu dúas revistas (Los huevos del plata
[1965-1969] e OVUM [1970]), que desempeñaron un importante papel no contexto
artístico uruguaio e latinoamericano das décadas dos sesenta e setenta, combinando a
arte de vangarda e a literatura co compromiso sociopolítico dun modo sobresaínte."

Fonte información CGAC e Clemente Padín

22 abril 2009

Axenda da carpeta "Áncora no Alén"

Este fin de semán na Fundación Wenceslao Fernández Flórez (Cecebre) e como complementación da conferencia de Antón Patiño sobre Lugrís, expuñemos nosa carpeta. (noticia Fundación) / (noticia Ravar)
A "axenda" prevista de novas exposicións (itinerancia) sería como segue:

NA ASOCIACIÓN CULTURAL O COUTO (Ponteceso)
na Semana das Letras 19-24 Maio 2009
EN MALPICA de
Bergantiños a partires da segunda quincena do mes de Xullo do 2009
No MUSEO
DO GRAVADO E A ESTAMPA en Ribeira a partires do mes de
Novembro- Decembro do 2009

17 abril 2009

Universo Lácteo

Quenes me coñecedes, sabedes da importancia que a leite ten na miña "dieta".
Así pois vendo nosos gandeiros e labregos nos madriles pelexando por sobrevivir ... aquí vai miña aportación para unha vindeira colectiva na que un sistema planetario de pingas lácteas orbitan do-redor dun planeta multinacional económico ...
Acrílico s/tela 72x84 ctms.

14 abril 2009

filo-café: O Medo Á Liberdade

Emissores:
rosa henriques (compostela, poesia), alberte moman (compostela, poesia), alexandre teixeira mendes (porto, ensaio), alberto augusto miranda (lisboa, pensamento), nelson silva (porto, fotografia), ramiro vidal alvarinho (compostela, poesia), manoel bonabal barreiro (compostela, pintura), juliana azevedo (porto, pintura), bruno resende (porto, poesia), paco souto (corunha, poesia), lois gil magariños (Rois, performance), pedro lamas (cambados, música), ramón cruces (compostela, performance), antonio rivas (padron, música), begoña miguéns (rois, performance), anabela neves (barroso, pensamento), ana marina pereira (caminha, sensibilidade), alice macedo campos (penafiel, poesia), adriana henriques (vieira do minho, artes visuais), luis ramos (braga, pintura), paulo ramos (braga, pintura), óscar antón pérez garcía (compostela, poesia), iolanda aldrei (compostela, conto), charo lópez (boiro, poesia)

Pasámolo estupendamente en Boiro e a participación foi como ten que ser.
Meus apuntes dalgunha das intervencións (con perdón, sodes máis goap@s)