... ...

23 abril 2009

Clemente Padín en Santiago de Compostela

Un taller impartido por Clemente Padín. Dende logo eu non me perderei a oportunidade de asistir.
Tamén participa na exposición de Mail Art (xa recibín súa obra), polo que é un auténtico pracer.
Lugar: CGAC
Datas e horario: 7 e 8 de maio de 17:00 a 20:30 h. 9 de maio de 10:00 a
14:00 h.

"O taller abordará a historia e a evolución da poesía experimental desde os
seus inicios ata a actualidade así como a evolución dos soportes. Os
participantes realizarán poemas visuais que poderán exhibir ao remate do
mesmo cando terá lugar, tamén, unha lectura pública de poesía experimental
incluíndo traballos duns quince poetas experimentais e un xogo poético de
participación popular.

Clemente Padín é un artista experimental que procede do contexto do conceptualismo
suramericano, e cuxa obra está estreitamente vinculada coa poesía visual, a performance
e o activismo político. Na década dos sesenta, dirixiu dúas revistas (Los huevos del plata
[1965-1969] e OVUM [1970]), que desempeñaron un importante papel no contexto
artístico uruguaio e latinoamericano das décadas dos sesenta e setenta, combinando a
arte de vangarda e a literatura co compromiso sociopolítico dun modo sobresaínte."

Fonte información CGAC e Clemente Padín