... ...

19 xuño 2010

Pechado por vacacións: Azenha (Algarbe- Portugal)

Estou vendo América dende Azenha un pequeno e gran pobo no Algarbe portugués. Vendo pasar o tempo dende a ventá.

15 xuño 2010

Inauguración no Verbum -Vigo- "O libro de artista..."

O venres 11 estiven na inauguración en Vigo da exposición (ver abaixo) O LIBRO DE ARTISTA COMO COLECTOR DE IDEAS, que comisariou e explicou formidablemente Paula Mariño. Como imaxe da inauguración, quédome coa fame de quedarse coas palabras incluso retratándoas do teito do elevador. Logo ainda voltei a Porto onde remontei o rio (¡que fin de semana inolvidábel!). Xa na casa... espero ter uns días de máis sosego.  Gustoume o catálogo que xestionou o Verbum e Paula e agradézolles o traballiño que deberon pasar para xuntarnos nesta colectiva.  ENLACE NOTICIA: Voz de Galicia  PDF Explicativo exposición

Gala XXX Aniversario Jazz Club Dado-Dadá

O sábado 12asistin a celebración do 30 aniversario do Dado Dada, na gala que desfrutamos no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela).
Enlaces noticia: El Correo Gallego, Voz de Galicia, Santiago Turismo

unha das obras coas que colaborei na exposición colectiva que mostrouse alí e que agora está no propio clube ata fináis de agosto. “Jazz Dadá” 67x78 ctms. Mixta (Percloruro de Ferro, esmalte e óleo sobre cartuliña)


08 xuño 2010

"O libro de artista como colector de ideas"

11 xuño 20h. inauguración "O libro de artista como colector de ideas", na que participo. (WEB CASA DAS PALABRAS)

Ol lobo, a biodiversidade e a arte

Dentro da itinerancia desta exposición  O Lobo Ibérico, unha carreira pola supervivencia esta agora en MELIDE (A Coruña)
NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA
<-- miña acuarela ("O lobo") 16x35 ctms

Libreta do Filocafé Esquecemento -Espinho-Portugal-

Desfrutei coma sempre neste Filo-Café Esquecimento
5 Junho 2010, ESPINHO (Portugal)
Centro Multimeios
Premer AQUI para ver a libreta de debuxos realizados.
(queda algún pendente)    Libretas antigas

03 xuño 2010

Exposición Carlos de Oliveira (Paulo Fixe). Para entregar

Árvores
"Camponês, que plantaste estas árvores reais como pássaros vivos na verdura autêntica das ramagens sabias bem que nada valem as asas fulvas e imaginárias nas florestas do tempo.
Tu sim, que concebeste todas estas folhas, flores e frutos, toda esta terra de harmonia – no tamanho dumas semente mais pequena que o coração das aves."
Carlos de Oliveira, Terra de Harmonia, Centro Bibliográfico, Lisboa, 1950

Para unha exposición itinerante en Portugal, curada por Paulo Fixe esta e a miña interpretación deste poema de Carlos de Oliveira. Non suelo gustar de facer paisaxe, pero neste caso prestábase.(Óleo e P.de ferro sobre tela 43x98 ctm).
(detalle)