... ...

13 outubro 2011

un fermoso poema de Eva Méndez Doroxo

extravíome na encrucillada dos teus silencios e os agarimos doutras bocas.
desintégrome na forma cóncaba da túa mau sobre un outro peito,
desprazado polas liñas dun corpo que non é o meu,
mergullado no estrano sabor dalguén que descoñezo.
e eu, sostida polos alentos, entrégome furiosa aos homes que te representan,
ás voces que te alonxan de min,
os beizos que arden o teu recordo da miña pel.
para espertar, espida, no fogar da desesperación dialéctica,
esa que, sen motivo, me atrapa para facerte renacer, con máis forza, na miña pel debastada.

eva méndez doroxo
para cando o alento só é lembranza

Ningún comentario:

Publicar un comentario

comentar