... ...

27 febreiro 2012
















foto de Rubén Fenice no meu taller, na visita que fixo con Yuli Andrea.

16 xaneiro 2012

Individual en Portugal

(En itinerancia -catro cidades-)
(ECO-PRENSA)

Primo progetto di Mail & E-mail Art

Miña participación "columna vertebral opiácea" (para proxecto Mail Art -ver abaixo-) Mixturar nacionalismo e relixión.... malo!.

14 decembro 2011

"Ser un artista é fracasar como ningúen máis atrévese a fracasar"

Beckett, Samuel: Tres conversaciones con Georges Duthuit, en Detritus, Tusquets, Barcelona, 2001 p.110.

16 novembro 2011

IES Francisco de los Cobos (ÚBEDA - Xaén)








                                                                                                                                                                
Do libro "muller".  (A historia).PV: "a xenerosidade de Rosa"  Para "POESÍA VISUAL contra VIOLENCIA DE GÉNERO IES Francisco de los Cobos - Úbeda (Jaén)
http://pvcontravg.blogspot.com/

04 novembro 2011

Exposición de cadernos (participo)

A Facultade de Ciencias da Educación xunto coa Rede Internacional de Universidades Lectoras (coordinado na UDC por Héctor Pose), organiza o Tour de Lecturas do Oeste.

Con motivo deste evento na Biblioteca podedes ver duas exposicións, unha de debuxos de Rubén Mariño, no Recuncho de Lectura, e outra, nas peceiras de creatividade, con cadernos de varios creadores: Berta Dávila, Manoel Bonabal, Enrique Lista, Miguelanxo Prado, Francisco X. Fernández Naval, Mercedes Molares, Ali Ali, Emilio Celeiro, Nacho Baamonde, Javi Montes, Lara Pintos, Miguel Cuba, Dani Montero e Hector Francesch.

"Ciudades Utópicas" Bos Aires


Exposición de Arte Postal e miña participación: La Noche de los Museos. La Paternal Espacio (Bos Aires-Arxentina)

13 outubro 2011

un fermoso poema de Eva Méndez Doroxo

extravíome na encrucillada dos teus silencios e os agarimos doutras bocas.
desintégrome na forma cóncaba da túa mau sobre un outro peito,
desprazado polas liñas dun corpo que non é o meu,
mergullado no estrano sabor dalguén que descoñezo.
e eu, sostida polos alentos, entrégome furiosa aos homes que te representan,
ás voces que te alonxan de min,
os beizos que arden o teu recordo da miña pel.
para espertar, espida, no fogar da desesperación dialéctica,
esa que, sen motivo, me atrapa para facerte renacer, con máis forza, na miña pel debastada.

eva méndez doroxo
para cando o alento só é lembranza

19 setembro 2011