... ...

05 marzo 2008

Quedou montada a exposición Sargadelos Madrid.

28 febreiro 2008

Revista Grisú nº 4-Febreiro

No núm. 4 (febreiro 2008) da revista GRISÚ, publicouse un dos meus poemais visuaís-mail art. Grisú está editada polo Centro de Poesía Visual (Peñarroya-Pueblonuevo.Córdoba).

27 febreiro 2008

Art Natura (na que participo), está en FENE

A exposición Art Natura na que participan máis dun cento de artistas e escritores/as galegos/as coa temática da defensa do medio natural, inaugúrase este mércores 27 ás 20h na Casa da Cultura de Fene. A exposición poderá visitarse dende o 27 de febreiro até o 14 de marzo. Durante este período terán lugar 3 ENCONTROS: 12 de marzo ás 20 h, encontro con fotógrafos/as; 13 de marzo ás 20 h, encontro con pintores/as; e 14 de marzo ás 20 h, encontro con escritores/as. Á inauguración da exposición asistirán membros de ADEGA, da corporación municipal de Fene e artistas participantes. A mostra realízase coa colaboración do Concello de Fene e das consellerías de Cultura e Medio Ambiente.
(Información de ADEGA)

21 febreiro 2008

Fin da colectiva na que participei en Galería Petronio


A Galería da rúa de San Pedro, Petronio Arte, pechou súa exposición baixo o título de 'Por parellas' nas que que se amosaronse obras de moi distintos e variados artistas: Tim Behrens, Xoti de Luis, Santiago Caneda, Laureano Vidal, Diana Aitchison, Julia Ares, Patiño, Gutiérrez de la Concha, H. Salazar, Abelenda, Álvaro Caruncho, Paco Martos, Pardiñas, Xulio Maside, Raquel Blanco, Julia Jiménez, Manoel Bonabal e Tobo Galán.

Esther Barreiro: nova obra

Esther presentará nun mercado (23 e 24 de febreiro), aberto na praza Subirats de San Pau D`Ordal (Barcelona), súa última obra: bolsos e xoias que darán partida ó novo taller que pronto inaugurará.

Para este evento contará coa axuda de Oriol, Sabrina, e a loxística de José Mallofré.

09 febreiro 2008

Imaxe dun muro do Porto (rúa Rosario), que envío a revista: El Muro (Chile)

28 xaneiro 2008

Art Natura está en A Coruña

A exposición colectiva na que participo: Art Natura, estará aberta no Edificio do Palexco, na Coruña entre o 24 de xaneiro e o 14 de febreiro.

17 xaneiro 2008

Nova obra, "festa?"

"Festa?" xaneiro-2007 acrílico sobre tela (dúas telas -90X123 cts.)

15 xaneiro 2008

Nova obra, "sen título 100"

Acrílico sobre tela (dúas telas -132x90 cts.) xaneiro 2008
premer sobre a imaxe para agrandala
Forma parte da serie (exposición) "xentes" (en creación)
VER SEGUEMENTO-HISTORIA DO CADRO