... ...

05 xuño 2008

Arte Postal na Radio galega

foto:Oscar Corral
Con Oscar Corral (xornalista-fotógrafo) estiven esta noite (12-1 h.) invitado por Leo Toral presentador do programa "Aquí xa é noite".
O poder da imaxe, a Arte Postal, o Roteiro,fotografía ... algo interesante puído que saíra nese tempo.
escoita-lo coloquio CRTVG "Aquí xa é noite"
(comenza logo das noticias, ou darlle a avance)

30 maio 2008

Inauguración exposición MAIL ART

O día 3 de xuño (20 horas), é a inauguración da exposición "Taller del Artista".


Biblioteca Pública Ánxel Casal
Avda. Xoán XXIII, s/nº 15704 Santiago de Compostela www.rbgalicia.org/santiago
Tlf. 881 999 416
MÁS INFORMACIÓN: ROTEIRO

28 maio 2008

Taller de Arte Postal: Biblioteca P. Ánxel Casal (Santiago)



Biblioteca Pública Ánxel Casal
Avda. Xoán XXIII, s/nº 15704 Santiago de Compostela
www.rbgalicia.org/santiago Tlf. 881 999 416
durante días 10, 11 e 12 de xuño de 18:30 a 20:30
nesta biblioteca realizaremos un taller de arte postal, no que podes inscribirte. Non ten máis requisito que ganas de facer unha carta artística e compartir esa obra con outra xente cas mesmas inquedanzas.
Coñecer como participar en convocatorias, exposicións, como recibir obras de todo o mundo ....
Podes escribirme para inscribirte ou no mostrador da biblioteca.

23 maio 2008

Algunha imaxe de Berlín

Postdarmer Platz-Berlín (acuarela-lápis.apunte dende a ventá)

21 maio 2008

apunte dunha escultura grega a quen envexaba súa tranquilidade e quietude (todo o mundo móvese do seu redor).
Museo de Pérgamo.
Olivo surrreal (colgante) e apunte con xentes.


dúas das moitas imaxes de Berlín que me chamaron a atención

10 maio 2008

09 maio 2008

Ata o 25 de maio pódense enviar

Ata o 25 inda estamos a tempo de enviar imáxes, debuxos, pinturas etc. que dalgún xeito representen o que é para tí teu taller.

26 abril 2008

طنچة Tanxer: unha carpeta de gravados

Remateina hoxe, e naceu en xuño 2007 nesa cidade, logo en xaneiro 2008 consolidouse súa idea. Tenme contento.


(10 estampas en cada carpeta, dunha edición de 30)

27 marzo 2008

Casa da Cultura de Outes "Viaxar a pé"

A exposición colectiva, na que participo (do 8 marzo 8 abril), está na vila do CEIP Emilio de Navasqués (organiza este colexio, a Fundación Granell e a Concellería de Cultura do Concello de Outes)