... ...

10 xullo 2008

En Viana do Castelo -acuarela-

Unha carta sobre unha lámina industrial descolorida: Mail Art en viana do Castelo (Portugal). Arte Postal.



02 xullo 2008

Graciñas

"A organización do Roteiro de Creación comprácese en anunciar os resultados da primeira Operación Flechazo."
"O artista premiado con máis corazonadas é o compostelán Manoel Bonabal, pintor, gravador e impulsor de arte postal"

"Os restantes catro finalistas son os artistas: María Meijide, Neves Seara, Jo Redpath e Olmo Blanco"
VER NOTICIA EN CASTELÁN: ROTEIRO 2008 //
NOTICIA EN PRENSA: GALICIA HOXE

25 xuño 2008

Unha mirada

Acrílico 2,20 x 1,40 metros. Para colgar en Betanzos (Balconadas 2008)
VER PROCESO CREATIVO DO CADRO



16 xuño 2008

Expoño con Ravar en L'Empordá (Catalunya)

Inaugúrase o 21 de xuño e estará aberta ata o 21 de setembro 2008. Gravados dos compoñentes do grupo Ravar na Fundación Rodríguez Amat quen honrounos coa súa invitación. Máis información: VER FUNDACIÓN (Les Olives-Garrigoles -Girona) VER OBRA PRESENTADA

15 xuño 2008

Rematou o taller de Mail Art

Unha festa dou onte por rematado o Roteiro 2008, taller de Mail Art, exposición de "debúxame Santiago" na que participei e desfrutei. Queda ata o día 30 de xuño a exposición de Mail Art na biblioteca Ánxel Casa. (Xoán XXIII Santiago)
(foto miña: fragmento do mural "man de María)
VER VIDEO EXPOSICIÓN: NOTICIAS

10 xuño 2008

Viaxar a pé, está en Muros (A Coruña)

A exposición colectiva, na que participo (do 4 ó 30 de xuño), está en Muros (Pozó do Cachón) (organiza CEIP Emilio Navasques, a Fundación Granell, Concello de Outes e Concello de Muros)

09 xuño 2008

grupo Ravar en Carballo (colectiva)

Con Ravar participo nunha exposición colectiva en Carballo (A Coruña). Pode verse a partir do 12 de xuño (inauguración 20,30 horas), na Sala do Pazo da Cultura.
Expoñemos o boceto de "O Bicho", unha obra que rematamos en Vila Nova de Cerveira en marzo pasado.
O bicho (fragmento-pé)
ENLACE NOTICIA
(Concello Carballo)

05 xuño 2008

Arte Postal na Radio galega

foto:Oscar Corral
Con Oscar Corral (xornalista-fotógrafo) estiven esta noite (12-1 h.) invitado por Leo Toral presentador do programa "Aquí xa é noite".
O poder da imaxe, a Arte Postal, o Roteiro,fotografía ... algo interesante puído que saíra nese tempo.
escoita-lo coloquio CRTVG "Aquí xa é noite"
(comenza logo das noticias, ou darlle a avance)

30 maio 2008

Inauguración exposición MAIL ART

O día 3 de xuño (20 horas), é a inauguración da exposición "Taller del Artista".


Biblioteca Pública Ánxel Casal
Avda. Xoán XXIII, s/nº 15704 Santiago de Compostela www.rbgalicia.org/santiago
Tlf. 881 999 416
MÁS INFORMACIÓN: ROTEIRO

28 maio 2008

Taller de Arte Postal: Biblioteca P. Ánxel Casal (Santiago)



Biblioteca Pública Ánxel Casal
Avda. Xoán XXIII, s/nº 15704 Santiago de Compostela
www.rbgalicia.org/santiago Tlf. 881 999 416
durante días 10, 11 e 12 de xuño de 18:30 a 20:30
nesta biblioteca realizaremos un taller de arte postal, no que podes inscribirte. Non ten máis requisito que ganas de facer unha carta artística e compartir esa obra con outra xente cas mesmas inquedanzas.
Coñecer como participar en convocatorias, exposicións, como recibir obras de todo o mundo ....
Podes escribirme para inscribirte ou no mostrador da biblioteca.