... ...

26 marzo 2009

25 marzo 2009

bombart02 -Ravar.Matriz

Neste número da revista "bombart02" nun dos seus artículos fálase da nosa exposición (RAVAR-MATRIZ) da
Galería Esteta7 de Oporto.
Rúa Miguel Bombarda 572 -Porto

Chegados á convocatoria Mail Art


ver datos participantes (provisional) e convocatoria
aberto prazo ata 20.maio.2009

(POÑER RATÓN ENRIBA PARA SUSPENDER O PASO DE FOLLA)

18 marzo 2009

Taller gravado e pintura: CEIP Lamas de Abade


Rematou o taller de pintura e gravado de Lamas de Abade. Fixemos un cadro conxunto e estampamos linóleos e aditivas. En resume: divertímonos.

16 marzo 2009

CONVOCATORIA ARTE POSTAL

tema
LIBRO = VIAXE
Un libro de viaxe
Unha viaxe nun libro
A lectura é unha viaxe con tódolos sentidos. Un libro e un xeito de moverse.
A convocatoria pide nosa expresión artística destes conceptos e o siñificado que prefiramos darlle.
Facer uso preferentemente dos servizos postais para facernos chegar vosa obra.
Técnica e formato libre.
Data límite para envío: 20-maio-2009.
Enviar a:
MANOEL BONABAL
San Domingos de Bonaval nº 5-A
ES-15703-Santiago de Compostela (Galiza-España)
Expoñeremos calqueira obra recibida mentras dure a exposición (o prazo o é ós efectos de catálogo etc.)

Paralelamente faremos un taller de mail art .
As obras expoñeranse na Biblioteca Pública Anxel Casal de Santiago

Enlaces a realizada o pasado ano en: ROTEIRO DE CREACIÓN

27 febreiro 2009

Presentada a carpeta Áncora no Alén


(Foto: Eduardo. Voz de Galicia)
Onte presentamos a carpeta na Asociación Cultural Alexandre Bóveda. Seu presidente tivo unhas palabras moi fermosas de acollida e todos quedámoslle moi agradecidos.
ENLACES A NOTICIA DA INAUGURACIÓN:

Voz de Galicia
ABC

26 febreiro 2009

Exposición "O lobo"

Xa está exposta no Centro Sociocultural José Saramago de Vite (ata o 17 de marzo), a exposición "O lobo".
Participo con unha obra. Enlace noticia1 / noticia2

10 febreiro 2009

Presentamos "Áncora no Alén"



O día 26 de febreiro na Asociación Cult. Alexandre Bóveda (A Coruña) presentamos unha carpeta con 14 gravados e dous poemas.


(esquerda) meu augaforte: representa a multitude de ramificacións que Lugrís fixaba nos seus cadros, un cadro: unha multiplicación de cadros. A complexidade das ideas.

06 febreiro 2009

Taller gravado e pintura: Lamas de Abade
















Estou dedicandolle algún tempo ó taller do colexio de Lamas de Abade, pasándoo en grande pintando con eles. OUTRAS IMAXES

20 xaneiro 2009

Crise!


















4 telas (acrílico) 1,42x1,80 cts.

19 xaneiro 2009

Solidaridade


37x49 cts. acuarela e lapis (para colectiva en São João da Madeira-Portugal)


10 xaneiro 2009