... ...

14 abril 2009

filo-café: O Medo Á Liberdade

Emissores:
rosa henriques (compostela, poesia), alberte moman (compostela, poesia), alexandre teixeira mendes (porto, ensaio), alberto augusto miranda (lisboa, pensamento), nelson silva (porto, fotografia), ramiro vidal alvarinho (compostela, poesia), manoel bonabal barreiro (compostela, pintura), juliana azevedo (porto, pintura), bruno resende (porto, poesia), paco souto (corunha, poesia), lois gil magariños (Rois, performance), pedro lamas (cambados, música), ramón cruces (compostela, performance), antonio rivas (padron, música), begoña miguéns (rois, performance), anabela neves (barroso, pensamento), ana marina pereira (caminha, sensibilidade), alice macedo campos (penafiel, poesia), adriana henriques (vieira do minho, artes visuais), luis ramos (braga, pintura), paulo ramos (braga, pintura), óscar antón pérez garcía (compostela, poesia), iolanda aldrei (compostela, conto), charo lópez (boiro, poesia)

Pasámolo estupendamente en Boiro e a participación foi como ten que ser.
Meus apuntes dalgunha das intervencións (con perdón, sodes máis goap@s)

26 marzo 2009

25 marzo 2009

bombart02 -Ravar.Matriz

Neste número da revista "bombart02" nun dos seus artículos fálase da nosa exposición (RAVAR-MATRIZ) da
Galería Esteta7 de Oporto.
Rúa Miguel Bombarda 572 -Porto

Chegados á convocatoria Mail Art


ver datos participantes (provisional) e convocatoria
aberto prazo ata 20.maio.2009

(POÑER RATÓN ENRIBA PARA SUSPENDER O PASO DE FOLLA)

18 marzo 2009

Taller gravado e pintura: CEIP Lamas de Abade


Rematou o taller de pintura e gravado de Lamas de Abade. Fixemos un cadro conxunto e estampamos linóleos e aditivas. En resume: divertímonos.

16 marzo 2009

CONVOCATORIA ARTE POSTAL

tema
LIBRO = VIAXE
Un libro de viaxe
Unha viaxe nun libro
A lectura é unha viaxe con tódolos sentidos. Un libro e un xeito de moverse.
A convocatoria pide nosa expresión artística destes conceptos e o siñificado que prefiramos darlle.
Facer uso preferentemente dos servizos postais para facernos chegar vosa obra.
Técnica e formato libre.
Data límite para envío: 20-maio-2009.
Enviar a:
MANOEL BONABAL
San Domingos de Bonaval nº 5-A
ES-15703-Santiago de Compostela (Galiza-España)
Expoñeremos calqueira obra recibida mentras dure a exposición (o prazo o é ós efectos de catálogo etc.)

Paralelamente faremos un taller de mail art .
As obras expoñeranse na Biblioteca Pública Anxel Casal de Santiago

Enlaces a realizada o pasado ano en: ROTEIRO DE CREACIÓN

27 febreiro 2009

Presentada a carpeta Áncora no Alén


(Foto: Eduardo. Voz de Galicia)
Onte presentamos a carpeta na Asociación Cultural Alexandre Bóveda. Seu presidente tivo unhas palabras moi fermosas de acollida e todos quedámoslle moi agradecidos.
ENLACES A NOTICIA DA INAUGURACIÓN:

Voz de Galicia
ABC

26 febreiro 2009

Exposición "O lobo"

Xa está exposta no Centro Sociocultural José Saramago de Vite (ata o 17 de marzo), a exposición "O lobo".
Participo con unha obra. Enlace noticia1 / noticia2

10 febreiro 2009

Presentamos "Áncora no Alén"



O día 26 de febreiro na Asociación Cult. Alexandre Bóveda (A Coruña) presentamos unha carpeta con 14 gravados e dous poemas.


(esquerda) meu augaforte: representa a multitude de ramificacións que Lugrís fixaba nos seus cadros, un cadro: unha multiplicación de cadros. A complexidade das ideas.

06 febreiro 2009

Taller gravado e pintura: Lamas de Abade
















Estou dedicandolle algún tempo ó taller do colexio de Lamas de Abade, pasándoo en grande pintando con eles. OUTRAS IMAXES

20 xaneiro 2009

Crise!


















4 telas (acrílico) 1,42x1,80 cts.

19 xaneiro 2009

Solidaridade


37x49 cts. acuarela e lapis (para colectiva en São João da Madeira-Portugal)