... ...

15 maio 2009

III Exposición Mail Art Biblioteca Ánxel Casal

Xa montei esta mañán a exposición. A medida que vaia recebendo obra nova ireina incorporando. Ata a súa clausura (15 de xuño 2009). Maís imaxes no blog da convocatoria.




15-maio ó 15 de xuño 2009
Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal
Avda. de Xoán XXIII s/n
15704 Santiago de Compostela

III CONVOCATORIA DE ARTE POSTAL
"LIBRO = VIAXE"

13 maio 2009

Publicación Clemente Padín no CGAC maio 2009

Open Document
Open Document



Publicación de Lois Gil Magariños (COSEGA. Corporación Semiótica Galega) sobre a estancia de Clemente Padín en Santiago de Compostela, Taller de poesía experimental 7,8,9 de maio 2009. CGAC. Centro Galego de Arte Contemporánea.

Outras informacións en Boek861 entrevista

12 maio 2009

CGAC - Taller Clemente Padín

Esta fin de semán asistin a un taller de poesía experimental que impartiu Clemente Padín no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago.
fotografías: Performance de Clemente Padín homenaxe a Edgardo Vigo. Meu poema ("Paz-Padín") -libreta-, e imaxe de Clemente e Lois Magariños (que co CGAC xestionou que o taller se fixera posíbel) .

11 maio 2009

á (a) censura ()

HOMENAJE DE NEL AMARO A PHILIP PISSIER
LUNE E FALO sei artisti per Cesare Pavese /Mayo Junio 2009

"Ancora no Alén" está en Ponteceso

"ÁNCORA NO ALÉN" na Fundación Eduardo Pondal na casa rectoral de Cospindo (O Couto - Ponteceso, A Coruña) no marco de actividades que se desenrolarán na semana das letras do 10 ó 17 de Maio do 2009. A exposición, xa está montada (VER EVOLUCIÓN DESTA EXPOSICIÓN)

10 maio 2009

Matriz inaugura súa I exposición de Arte Postal

Os amigos de Matriz (Oporto) inauguran a convocatoria de arte postal (Mail Art).
Será na Galería Esteta, rúa Sousa Vitervo nº 28-1º. Porto.
Obra coa que participo (gravado-punta seca)

04 maio 2009

Inaugurase a exposición "Entretendas" Sanxenxo


IV Mostra Un Paseo Entre Arte" Sanxenxo. Inauguración 6 de maio 21 h. na sala de exposicións do Pazo de Cultura Emilia Pardo Bazán.
Participo con dúas obras

28 abril 2009

Exposición colectiva: "Universo lácteo"

Do 30 de abril ó 30 de maio en Melide.
Máis información:
Terras de Ulla
El Correo Gallego
La Voz de Galicia





obra coa que participo (acrílico s/tela 65x90 ctms.)

24 abril 2009

Libro abedul (bidueiro) -Barbara Noculak-

Carta que me envía Barbara Noculak (para convocatoria mail art "un libro=unha viaxe")

23 abril 2009

II Salão Internacional de Artes Plásticas de São João da Madeira

Participei con unha obra nesta colectiva en Portugal.
Reseñas da noticia:
Xornal "O Regional"
Xornal "O Regional"
Cámara Municipal
Museo da Chapelería
Xornal "Labor"

Clemente Padín en Santiago de Compostela

Un taller impartido por Clemente Padín. Dende logo eu non me perderei a oportunidade de asistir.
Tamén participa na exposición de Mail Art (xa recibín súa obra), polo que é un auténtico pracer.
Lugar: CGAC
Datas e horario: 7 e 8 de maio de 17:00 a 20:30 h. 9 de maio de 10:00 a
14:00 h.

"O taller abordará a historia e a evolución da poesía experimental desde os
seus inicios ata a actualidade así como a evolución dos soportes. Os
participantes realizarán poemas visuais que poderán exhibir ao remate do
mesmo cando terá lugar, tamén, unha lectura pública de poesía experimental
incluíndo traballos duns quince poetas experimentais e un xogo poético de
participación popular.

Clemente Padín é un artista experimental que procede do contexto do conceptualismo
suramericano, e cuxa obra está estreitamente vinculada coa poesía visual, a performance
e o activismo político. Na década dos sesenta, dirixiu dúas revistas (Los huevos del plata
[1965-1969] e OVUM [1970]), que desempeñaron un importante papel no contexto
artístico uruguaio e latinoamericano das décadas dos sesenta e setenta, combinando a
arte de vangarda e a literatura co compromiso sociopolítico dun modo sobresaínte."

Fonte información CGAC e Clemente Padín