... ...

11 xuño 2009

CGAC poesía visual

xa entreguei meus dous poemas visuáis que realicei no taller de Clemente Padin para ser expostos cos de todos os compañeiros no Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago).
ABERTA A EXPOSICIÓN: do 20 de xuño ó 2 de agosto 2009

10 xuño 2009

Comenzou o taller de Mail Art

Con dezasete persoas inscritas, comencei o taller de Mail Art na biblioteca Ánxel Casal (Xoán XXIII), onde tamén está exposta a convocatoria Un libro -Unha viaxe.

Logo de soltarlle o ladrillazo da parte teórica, comenzamos a traballar nunha carta con materiais reciclados, que mañán esperamos mandar no correo.
Tamén nos ten confirmada súa asistencia nosa invitada Inma Doval, artistapostal, gravadora e amiga, que nos contará súa convocatoria "Radiografía do Medo" (Universidade da Coruña).

02 xuño 2009

Vai ser o CINCO, o venres.
















Xa decía eu por algo... (LCA mediante)... SERÁ O VENRES DÍA 5.
A quenes enviei por correo a invitación, o Colexio mandará mañan esta nota de desculpas (que fago miña).
ÉSO: INAUGURACIÓN 5 DE XUÑO ÁS 20 HORAS Coléxio de Arquitectos de Galicia (Santiago de Compostela. Praza da Quintana 3)
Do 4 de xuñó ó 4 de xullo 2009

Fixen amigos na exposición de mail art

Nesta semán uns amigos de ASPAS (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual) pedíronme que lles explicara o contido da exposición de arte postal. E logo da visita fixemos esta fotografía de lembranza. Eu paseino moi ben e quedamos en volver a vernos no meu taller máis adiante.

Estades invitados














No Coléxio de Arquitectos de Galicia (Santiago de Compostela. Praza da Quintana 3) o día 4 de xuño (LCA mediante), ás 20 horas inauguraremos miña exposición.
Do 4 de xuñó ó 4 de xullo 2009
CORREXIDO, VAI SER O 5 DE XUÑO nota arriba

01 xuño 2009

Este ano decidín non participa na "Operación Frechazo" Considerei incompatíbel miña condición de vocal de LCA coa de "concursante". Á vista da inclusión na tarxeta (por erro non se me comunicou), pedín que calqueira posíbel voto non computase.

30 maio 2009

colgado de cabeza na zona "C"

Xa instalei "de cabeza" na fachada zona "C".



INSIDE/OUT.
Intervencións dende balcóns, galerías ou terrazas, espazos públicos e privados. NOLO SUÁREZ, MANOEL BONABAL, MARÍA MEIJIDE, MARIA CHENUT, MARCOS ZACARÍAS, LA FABIOLA, e REINA D’HOORE . Cidade histórica. Durante todo el evento ROTEIRO 2009

26 maio 2009

III TALLER DE MAIL ART-ROTEIRO 2009

Están abertas as inscripcións ó:
"III TALLER DE MAIL-ART ROTEIRO 2009 Os vindeiros 10 e 11 de xuño de 18:30 h. a 20:30 o Roteiro de creación contemporánea aposta pola realización dun obradoiro de mail-art, impartido polo artista Manoel Bonabal na Biblioteca Pública de Santiago "Ánxel Casal ".
MÁIS INFORMACIÓN (Arquivo PDF)

15 maio 2009

III Exposición Mail Art Biblioteca Ánxel Casal

Xa montei esta mañán a exposición. A medida que vaia recebendo obra nova ireina incorporando. Ata a súa clausura (15 de xuño 2009). Maís imaxes no blog da convocatoria.




15-maio ó 15 de xuño 2009
Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal
Avda. de Xoán XXIII s/n
15704 Santiago de Compostela

III CONVOCATORIA DE ARTE POSTAL
"LIBRO = VIAXE"

13 maio 2009

Publicación Clemente Padín no CGAC maio 2009

Open Document
Open Document



Publicación de Lois Gil Magariños (COSEGA. Corporación Semiótica Galega) sobre a estancia de Clemente Padín en Santiago de Compostela, Taller de poesía experimental 7,8,9 de maio 2009. CGAC. Centro Galego de Arte Contemporánea.

Outras informacións en Boek861 entrevista