... ...

25 xuño 2008

Unha mirada

Acrílico 2,20 x 1,40 metros. Para colgar en Betanzos (Balconadas 2008)
VER PROCESO CREATIVO DO CADRO



16 xuño 2008

Expoño con Ravar en L'Empordá (Catalunya)

Inaugúrase o 21 de xuño e estará aberta ata o 21 de setembro 2008. Gravados dos compoñentes do grupo Ravar na Fundación Rodríguez Amat quen honrounos coa súa invitación. Máis información: VER FUNDACIÓN (Les Olives-Garrigoles -Girona) VER OBRA PRESENTADA

15 xuño 2008

Rematou o taller de Mail Art

Unha festa dou onte por rematado o Roteiro 2008, taller de Mail Art, exposición de "debúxame Santiago" na que participei e desfrutei. Queda ata o día 30 de xuño a exposición de Mail Art na biblioteca Ánxel Casa. (Xoán XXIII Santiago)
(foto miña: fragmento do mural "man de María)
VER VIDEO EXPOSICIÓN: NOTICIAS

10 xuño 2008

Viaxar a pé, está en Muros (A Coruña)

A exposición colectiva, na que participo (do 4 ó 30 de xuño), está en Muros (Pozó do Cachón) (organiza CEIP Emilio Navasques, a Fundación Granell, Concello de Outes e Concello de Muros)

09 xuño 2008

grupo Ravar en Carballo (colectiva)

Con Ravar participo nunha exposición colectiva en Carballo (A Coruña). Pode verse a partir do 12 de xuño (inauguración 20,30 horas), na Sala do Pazo da Cultura.
Expoñemos o boceto de "O Bicho", unha obra que rematamos en Vila Nova de Cerveira en marzo pasado.
O bicho (fragmento-pé)
ENLACE NOTICIA
(Concello Carballo)

05 xuño 2008

Arte Postal na Radio galega

foto:Oscar Corral
Con Oscar Corral (xornalista-fotógrafo) estiven esta noite (12-1 h.) invitado por Leo Toral presentador do programa "Aquí xa é noite".
O poder da imaxe, a Arte Postal, o Roteiro,fotografía ... algo interesante puído que saíra nese tempo.
escoita-lo coloquio CRTVG "Aquí xa é noite"
(comenza logo das noticias, ou darlle a avance)