Amosando publicacións coa etiqueta land art b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta land art b>. Amosar todas as publicacións
13 xuño 2022
02 outubro 2021
Xornada de Land Art
Convidado por Camilo Seira, alma dunhas xornadas de land art no marco fermoso do seu taller, deixei miña pegada nunha cepa. Documentei na libreta a lápis e acuarela.
08 setembro 2020
II Encontro de artístas Land Art Seira (Rois).
Tras sentar e observar a paleta de cores que a fraga de Seira ofrecíame, atopei un bo espazo
nun tallo cuberto por un musgo de cores vivos. Só tiven que rañar nel con un bisturí, coa
minuciosidade que a dispoñibilidade de tempo dabondo permitiume desfrutalo. O motivo que
estaba “oculto” e que descubrín, foi unha forma cruciforme que ultimamente e teima que
insistentemente volve. Unha reivindicación dunha estética apropiada pola relixión e que para
min só ten un valor de trazo fermoso. Logo, só tiven que documentar no caderno con lapis e
acuarela e facer unhas fotografías. O tempo metamorfosearanos (a forma e a min).
As Meninas do Canido
Restaurei a participación (2016) e engadinlle un "Velázquez", con un "Carlos Botana" por escudo. Intentei recuperar o currunchiño entre dous muros. Moi apurado polo tempo (estiven poucas horas), e tamén contando coa colaboración de Laura, artista ferrolana que doume vos consellos dun millor uso da cor.
15 maio 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









