... ...

08 setembro 2020

II Encontro de artístas Land Art Seira (Rois).

 
Tras sentar e observar a paleta de cores que a fraga de Seira ofrecíame, atopei un bo espazo
nun tallo cuberto por un musgo de cores vivos. Só tiven que rañar nel con un bisturí, coa
minuciosidade que a dispoñibilidade de tempo dabondo permitiume desfrutalo. O motivo que
estaba “oculto” e que descubrín, foi unha forma cruciforme que ultimamente e teima que
insistentemente volve. Unha reivindicación dunha estética apropiada pola relixión e que para
min só ten un valor de trazo fermoso. Logo, só tiven que documentar no caderno con lapis e
acuarela e facer unhas fotografías. O tempo metamorfosearanos (a forma e a min).
foto:Ramón Yoshi

As Meninas do Canido


Restaurei a participación (2016) e engadinlle un "Velázquez", con un "Carlos Botana" por escudo. Intentei recuperar o currunchiño entre dous muros. Moi apurado polo tempo (estiven poucas horas), e tamén contando coa colaboración de Laura, artista ferrolana que doume vos consellos dun millor uso da cor.



Eau de Fenme, A. Torrente Ballester (Ferrol)

miña participación (Felisa de Amorland)

acabouse o verán

bañista "marisqueando"

 

05 setembro 2020

En Compostela Ilustrada (edición Agosto)

Maru Godas e Luis Ruíz Padrón, nas súas intervencións.

01 setembro 2020

varios talleres na Graña e xuntanza con amigos

Con tódalas reservas que as medidas sanitarias impón, e temos que respectar, neste verán tiven oportunidade de xogar estampando.

31 agosto 2020

Diario da reclusión

Xa estamos en setembro e as consecuencias do Covi son presentes, pero quería deixar no blog testemuña da reclusión na Graña. Reloxio de sol, pedras pintadas, land art nos loureiros, escultura, cruces, tecidos estampados para as primeiras máscaras... 

19 xuño 2020

Barbantia (participo)

Ver información I  II
exposición en: Fundación Museo de Artes, Lugar de Outeiro s/n Ribeira – A Coruña


28 maio 2020

21 abril 2020

Grazas








01 febreiro 2020

cosido e acuarela=desafío e camiñantes

Carborundo en Fundartes (Ribeira)

A semana pasada asistín o curso de carborundo impartido polos profesores de gravado José Fuentes e Antonio Navarro en Fundartes (Museo do Gravado de Artes - Ribeira-).

No Hospital coa Asanog Nenos Oncolóxicos Galicia

Onte estiven na aula escolar do CHOU (Santiago) divertíndome pintando con artistas cheos de ilusión contaxiosa.

Na Fundación Granell con BSCQ