... ...

08 setembro 2020

II Encontro de artístas Land Art Seira (Rois).

 
Tras sentar e observar a paleta de cores que a fraga de Seira ofrecíame, atopei un bo espazo
nun tallo cuberto por un musgo de cores vivos. Só tiven que rañar nel con un bisturí, coa
minuciosidade que a dispoñibilidade de tempo dabondo permitiume desfrutalo. O motivo que
estaba “oculto” e que descubrín, foi unha forma cruciforme que ultimamente e teima que
insistentemente volve. Unha reivindicación dunha estética apropiada pola relixión e que para
min só ten un valor de trazo fermoso. Logo, só tiven que documentar no caderno con lapis e
acuarela e facer unhas fotografías. O tempo metamorfosearanos (a forma e a min).
foto:Ramón Yoshi