... ...

31 xullo 2009

EXPOÑEMOS NO CIEC -BETANZOS-

AGOSTO contará coa exposición da carpeta que GRUPO MATRIZ -Porto- e RAVAR fixemos conxuntamente. Podedes vela no Centro Internacional da Estampa Contemporánea CIEC en BETANZOS (A Coruña).

27 xullo 2009

XXV Bienal Vila Nova Cerveira -visiteina-

Fun a inauguración da XV Bienal de Vila Nova de Cerveira (Portugal) e especialmente ó Museu de Monção - Universidade do Minho onde expoñen nunha colectiva con outros artistas, as amigas do Grupo Matriz (Porto).


De regreso trouxen un poema visual "popular" que no medio da natureza, en Xunqueiras preto de Fornelos de Montes (Pontevedra) en Pazos de Borben, e un pouco ambicioso (digo eu). - ... e ainda menos mal que puxéronllo en castelán ...

13 xullo 2009

Barbará expón súa obra

Recibín invitación para ver a exposición da amiga Barbara Noculak, queda un pouco a "contra-man" -Berlín-, pero deixo testemuña dela.
Gesellschaft zur Förderung
der Schönen Künste e.V.
Sommergalerie
Schloss & Gut Liebenberg
Zur Ausstellungseröffnung
„Die Gedanken sind frei“

Barbara Noculak
Foto und Konzept

am Samstag, 18

© Foto: Barbara Noculak

04 xullo 2009

Ravar: participamos en exp.colectiva en Carballo

"Inauguración no Pazo da Cultura da exposición 'Reflexos de Carballo'
20:30 O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e a Concelleira de Cultura, Belén Lendoiro inauguran a exposición 'Reflexos de Carballo', unha mostra colectiva de autores de Carballo e da comarca (Adriana Suárez, Cristina Suárez, Emilia Rodríguez de las Heras, Milagros Cotelo, Lola Oviedo 'Grupo Ravar', Antonio Reino, Antonio Taracido, Mon Lendoiro, Marilá Gómez, Fernando Mourón, José Ramón Eirín, Manolo Eirín, Marcos Rodríguez, Mª José Costa 'Chiña', 'O Mighelo' e Cristina Castro). A exposición, que está enmarcada na programación do Verán Cultural conta con obras de diversas manifestacións artísticas: pintura, escultura, fotografía, etc. Con esta mostra preténdese promover e impulsar o patrimonio artístico local. "
NOTICIA DO CONCELLO DE CARBALLO -xestionado por Lola Oviedo para Ravar-

Performance de Teo expos. "Pingas II"


En http://www.pingasii.tk/ irei incluindo outras fotografías. Quen teña intentar facermas chegar (graciñas)
Catálogo -anuario- Galería ColeccionAN -archivo PDF- tarda algo en bajarse.