Un taller impartido por Clemente Padín. Dende logo eu non me perderei a oportunidade de asistir. Tamén participa na exposición de Mail Art (xa recibín súa obra), polo que é un auténtico pracer. Lugar: CGAC Datas e horario: 7 e 8 de maio de 17:00 a 20:30 h. 9 de maio de 10:00 a 14:00 h. "O taller abordará a historia e a evolución da poesía experimental desde os seus inicios ata a actualidade así como a evolución dos soportes. Os participantes realizarán poemas visuais que poderán exhibir ao remate do mesmo cando terá lugar, tamén, unha lectura pública de poesía experimental incluíndo traballos duns quince poetas experimentais e un xogo poético de participación popular. Clemente Padín é un artista experimental que procede do contexto do conceptualismo suramericano, e cuxa obra está estreitamente vinculada coa poesía visual, a performance e o activismo político. Na década dos sesenta, dirixiu dúas revistas (Los huevos del plata [1965-1969] e OVUM [1970]), que desempeñaron un importante papel no contexto artístico uruguaio e latinoamericano das décadas dos sesenta e setenta, combinando a arte de vangarda e a literatura co compromiso sociopolítico dun modo sobresaínte."
Este fin de semán na Fundación Wenceslao Fernández Flórez (Cecebre) e como complementación da conferencia de Antón Patiño sobre Lugrís, expuñemos nosa carpeta. (noticia Fundación) / (noticia Ravar) A "axenda" prevista de novas exposicións (itinerancia) sería como segue:
NA ASOCIACIÓN CULTURAL O COUTO (Ponteceso) na Semana das Letras 19-24 Maio 2009 EN MALPICA de Bergantiños a partires da segunda quincena do mes de Xullo do 2009 No MUSEO DO GRAVADO E A ESTAMPA en Ribeira a partires do mes de Novembro- Decembro do 2009
Quenes me coñecedes, sabedes da importancia que a leite ten na miña "dieta".
Así pois vendo nosos gandeiros e labregos nos madriles pelexando por sobrevivir ... aquí vai miña aportación para unha vindeira colectiva na que un sistema planetario de pingas lácteas orbitan do-redor dun planeta multinacional económico ...