... ...

26 abril 2008

طنچة Tanxer: unha carpeta de gravados

Remateina hoxe, e naceu en xuño 2007 nesa cidade, logo en xaneiro 2008 consolidouse súa idea. Tenme contento.


(10 estampas en cada carpeta, dunha edición de 30)

27 marzo 2008

Casa da Cultura de Outes "Viaxar a pé"

A exposición colectiva, na que participo (do 8 marzo 8 abril), está na vila do CEIP Emilio de Navasqués (organiza este colexio, a Fundación Granell e a Concellería de Cultura do Concello de Outes)




25 marzo 2008

La Micha, súa nova exposición

La Micha é unha rapaza que me da moitos dores de cabeza, e tamén quen de cando en vez algunha alegría. Hoxe toca esta exposición da súa obra na Cafetería Rúa Nova (na mesma rúa de Santiago de Compostela).
Unha pintura con forza e denuncia, sempre denunciando a necesidade de transformar/nos.

Fin da estancia en Portugal


MÁIS IMAXES DA ESTADÍA

Unha semana de traballo que a súa vez abre novos proxectos, novas ideas. Cumpriu a función de realizar o Bicho (que Ravar presentará máis adiante), compartir o taller que tan amábelmente cedeunos o Museo de Arte contemporanea da Bienal de Cerveira (grazas a todalas persoas que o fixeron posíbel) (máis información en Ravar).
E imposíbel contar inda sintetizando ó máximo tantas gratísimas experiencias. Polo tanto quede aquí só meu agradecemento.

11 marzo 2008

A semana que ven estarei traballando con RAVAR no proxecto "BICHO" de gravado.
de Museo de Arte contemporanea da Bienal de Cerveira (Portugal)
"CASA DO ARTISTAWORKSHOP DE GRAVURA De 17 a 23 de Março, decorre na Casa do Artista um workshop de gravura "O BICHO" - GRUPO RAVAR (Galiza) com a participação de: Katús Otero, Juán Ondategui, Lola Oviedo, Carmen Cierto, Inma Doval, Sindo Cerviño e Manoel Bonabal."

05 marzo 2008

Quedou montada a exposición Sargadelos Madrid.

28 febreiro 2008

Revista Grisú nº 4-Febreiro

No núm. 4 (febreiro 2008) da revista GRISÚ, publicouse un dos meus poemais visuaís-mail art. Grisú está editada polo Centro de Poesía Visual (Peñarroya-Pueblonuevo.Córdoba).

27 febreiro 2008

Art Natura (na que participo), está en FENE

A exposición Art Natura na que participan máis dun cento de artistas e escritores/as galegos/as coa temática da defensa do medio natural, inaugúrase este mércores 27 ás 20h na Casa da Cultura de Fene. A exposición poderá visitarse dende o 27 de febreiro até o 14 de marzo. Durante este período terán lugar 3 ENCONTROS: 12 de marzo ás 20 h, encontro con fotógrafos/as; 13 de marzo ás 20 h, encontro con pintores/as; e 14 de marzo ás 20 h, encontro con escritores/as. Á inauguración da exposición asistirán membros de ADEGA, da corporación municipal de Fene e artistas participantes. A mostra realízase coa colaboración do Concello de Fene e das consellerías de Cultura e Medio Ambiente.
(Información de ADEGA)

21 febreiro 2008

Fin da colectiva na que participei en Galería Petronio


A Galería da rúa de San Pedro, Petronio Arte, pechou súa exposición baixo o título de 'Por parellas' nas que que se amosaronse obras de moi distintos e variados artistas: Tim Behrens, Xoti de Luis, Santiago Caneda, Laureano Vidal, Diana Aitchison, Julia Ares, Patiño, Gutiérrez de la Concha, H. Salazar, Abelenda, Álvaro Caruncho, Paco Martos, Pardiñas, Xulio Maside, Raquel Blanco, Julia Jiménez, Manoel Bonabal e Tobo Galán.

Esther Barreiro: nova obra

Esther presentará nun mercado (23 e 24 de febreiro), aberto na praza Subirats de San Pau D`Ordal (Barcelona), súa última obra: bolsos e xoias que darán partida ó novo taller que pronto inaugurará.

Para este evento contará coa axuda de Oriol, Sabrina, e a loxística de José Mallofré.

09 febreiro 2008

Imaxe dun muro do Porto (rúa Rosario), que envío a revista: El Muro (Chile)