... ...

31 xaneiro 2007

Volveron "as pingas"




Esta noite chegou ó estudio esta lúa de madeira que
atopei na praia, na Graña -Ribeira-.
"lúa" 121x104 ctms. acrílico-pó granito-madeira (traida polo mar) sobre arpilleira feb. 2.007

Onde ver obra miña exposta:


. No centro El Corte Inglés de Santiago de Compostela (espacio arte- pranta baixa) e dentro do II Certamen de Pintura pódese ver unha obra seleccionada. A mostra será itinerante e logo estará nos centros de A Coruña e Vigo.
. No centro comarcal de Monforte de Lemos (Expo Lemos), tamén hai obra dentro dunha colectiva.
Por último o día 28 febreiro inaugurase II Mostra de Pintura e Escultura "Un paseo entre-arte" en Sanxenxo onde participo nesta colectiva.

No teatro (rematou xaneiro)

"No teatro" 2 telas "de 90x66 cts (90x132) acrílico /xaneiro 2007
E segue ista serie de facianas que xurden paseando, paseniño, espectadoras.

18 xaneiro 2007

adiante

2 telas de 90x66 cts (90x132) acrílico
xaneiro2007

20 decembro 2006

Despedida do espazo creativo A Chocolataría



Con unha experimentación espacial dentro dos "Diálogos Ibéricos" despedímonos da Chocolataría no taller impartido por Pedro Calapez quen nos orientou e dou súas liñas mestras de como facelo.

17 decembro 2006

Estreado o novo tórculo















"Cerebros" e a primeira P/E -linoleografía- que bautizou o novo tórculo. A semana que ven descansará pois na Chocolataria asistirei a un obradoiro impartido polo pintor Pedro Calapez.

21 novembro 2006

Un veleiro do ocaso

110x90 cms (acrílico sobre tecidos mixtos)

20 novembro 2006

FILOCAFÉ ROIS pensamento, audiovisual, poesía, performance, teatro, música, arte correio.


En Rois "tomamos" un FILOCAFÉ, artistas portugueses, galegos ... , e fumos quenes de trasnoitar contando contos e escoitando fermosas obras pianísticas nun recital no que a arte postal tamén estivo viva por mor da convocatoira de Lois Gil Magariños.
Na fotografía Lois e Pedro Lamas no acto de inauguración e apertura das distintas participaciós chegadas na primeira fase de "SEN PAPEIS" ó Café Palmeiras (Rois), e eu contando miña HISTORIA.
Maís información: http://www.cosega.org/FilocafeMailart/inicio.htm?33c86710

13 novembro 2006

Flores (arpilleira pro Millares) 160x120 cms
Unha nova serie en papel

31 outubro 2006

Finou o profesor D.ANTONIO ALEGRE CREMADES


O pintor e académico de Belas Artes Antonio Alegre Cremades, Premio de Gravado da dirección Xeral de Belas Artes, faleceu en Godella (Valencia). Antonio foi quen me dou as primeiras "pinceladas" sobre que é o gravado calcográfico. Sempre quedareille agradecido.