FACULTADE CIENCIAS DA EDUCACIÓN
O día 12 de marzo de 12 a 15 horas e o 19 de 9 a 12 haberá na aula de plástica da Facultade un obradoiro de mail art impartido por Manoel Bonabal. Son duas sesións, pódeste anotar a unha ou a outra na Biblioteca. É gratuíto. Para alumnado, docentes e PAS da Facultade de Ciencias da Educación.
No obradoiro se fará unha introdución ao mail art, historia e filosofía, presentaranse exemplos de distintas convocatorias, falarase da sua aplicación no ensino e o seu valor comunicativo. Además será un obradoiro práctico, no que os participantes poderán realizar algunha obra co material existente na aula e o que cada quen queira levar (pódese utilizar diversas técnicas: collage, pintura, fotografía, estampa…). Tentarase tamén fomentar a participación na II convocatoria de mail art da biblioteca, así como noutras convocatorias abertas. (INFORMA: Biblioteca Facultade)