31 agosto 2021
15 agosto 2021
31 xullo 2021
30 xullo 2021
23 xullo 2021
22 xullo 2021
09 abril 2021
As cidades invisíbles (Italo Calvino)
Pasou polo taller unha libreta "voadora" para ilustrar unha das cidades deste poema en prosa tan fermoso, quedei prendado e con cada cidade non deixei de darlle un apunte na súa folla.
10 xaneiro 2021
03 decembro 2020
08 setembro 2020
II Encontro de artístas Land Art Seira (Rois).
Tras sentar e observar a paleta de cores que a fraga de Seira ofrecíame, atopei un bo espazo
nun tallo cuberto por un musgo de cores vivos. Só tiven que rañar nel con un bisturí, coa
minuciosidade que a dispoñibilidade de tempo dabondo permitiume desfrutalo. O motivo que
estaba “oculto” e que descubrín, foi unha forma cruciforme que ultimamente e teima que
insistentemente volve. Unha reivindicación dunha estética apropiada pola relixión e que para
min só ten un valor de trazo fermoso. Logo, só tiven que documentar no caderno con lapis e
acuarela e facer unhas fotografías. O tempo metamorfosearanos (a forma e a min).
As Meninas do Canido
Restaurei a participación (2016) e engadinlle un "Velázquez", con un "Carlos Botana" por escudo. Intentei recuperar o currunchiño entre dous muros. Moi apurado polo tempo (estiven poucas horas), e tamén contando coa colaboración de Laura, artista ferrolana que doume vos consellos dun millor uso da cor.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















