03 decembro 2020
08 setembro 2020
II Encontro de artístas Land Art Seira (Rois).

Tras sentar e observar a paleta de cores que a fraga de Seira ofrecíame, atopei un bo espazo
nun tallo cuberto por un musgo de cores vivos. Só tiven que rañar nel con un bisturí, coa
minuciosidade que a dispoñibilidade de tempo dabondo permitiume desfrutalo. O motivo que
estaba “oculto” e que descubrín, foi unha forma cruciforme que ultimamente e teima que
insistentemente volve. Unha reivindicación dunha estética apropiada pola relixión e que para
min só ten un valor de trazo fermoso. Logo, só tiven que documentar no caderno con lapis e
acuarela e facer unhas fotografías. O tempo metamorfosearanos (a forma e a min).
As Meninas do Canido
Restaurei a participación (2016) e engadinlle un "Velázquez", con un "Carlos Botana" por escudo. Intentei recuperar o currunchiño entre dous muros. Moi apurado polo tempo (estiven poucas horas), e tamén contando coa colaboración de Laura, artista ferrolana que doume vos consellos dun millor uso da cor.
05 setembro 2020
03 setembro 2020
01 setembro 2020
varios talleres na Graña e xuntanza con amigos
Con tódalas reservas que as medidas sanitarias impón, e temos que respectar, neste verán tiven oportunidade de xogar estampando.

31 agosto 2020
Diario da reclusión






Xa estamos en setembro e as consecuencias do Covi son presentes, pero quería deixar no blog testemuña da reclusión na Graña. Reloxio de sol, pedras pintadas, land art nos loureiros, escultura, cruces, tecidos estampados para as primeiras máscaras...

19 xuño 2020
Barbantia (participo)
Ver información I II
exposición en: Fundación Museo de Artes, Lugar de Outeiro s/n Ribeira – A Coruña
exposición en: Fundación Museo de Artes, Lugar de Outeiro s/n Ribeira – A Coruña

28 maio 2020
01 maio 2020
01 febreiro 2020
No Hospital coa Asanog Nenos Oncolóxicos Galicia
Onte estiven na aula escolar do CHOU (Santiago) divertíndome pintando con artistas cheos de ilusión contaxiosa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)